IRIS Produccións é unha empresa do sector audiovisual que nace en Ferrol en marzo de 1987.

As actividades profesionais de IRIS Produccións desenvólvense en catro ámbitos ben definidos: Institucional, Empresarial, Educación e Público en xeral.

Dentro do ámbito institucional IRIS ten desenvolvidos innumerables productos dirixidos a todo tipo de institucións: Administración autonómica; Universidade; Ateneos; Concellos, Museos, Asociacións....

No ámbito industrial os principais clientes son empresas da comarca ferrolana: Astano, Endesa, Imenosa, Invernaderos Fertri... Os traballos que se realizan abranguen todo tipo de produccións en soporte vídeográfico: videocatátologos, presentacións, formación...

No traballo dirixido ó gran público se ofrecen todo tipo de servicios relacionados co soporte vídeo, estando considerada a nosa empresa como punto de referencia dentro do sector.

En IRIS Produccións contamos coas capacidades adecuadas para abordar calquera proxecto videográfico gracias a contar cun completo equipamento tanto en soporte analóxico como dixital.

O traballo de IRIS Produccións repercute no eido da cultura galega en gran medida a causa da súa especialización na realización de productos videográficos que se realizan en lingua galega.

É a partir de 1996 cando os integrantes de IRIS Produccións buscan novos campos para a realización e divulgación dos seus productos. Tras unha adecuada e completa formación decidimos producir e distribuir os nosos productos en soportes dixitais, concretamente en CD-ROM; creando un novo departamento multimedia na empresa, aínda que sen deixar de realizar a producción de títulos en soporte videográfico analóxico. Froito deste departamento e o Cd-Rom co título "Arte Barroca" editado o pasado ano.